SABELA KING & THE HEARTBREAKERS
Con máis de douscentos concertos por toda a xeografía galega, Sabela King and the Heartbreakers repiten no Outono Códax Festival, tras gravar o seu primeiro disco homónimo. Nel apostan por mesturar composicións propias con versións moi personais de cancións de Sam Cooke, Johnny Cash e Emily Loizeau.
O disco está gravado en directo. Sabela King canta e toca o ukelele, Benjamín Vázquez toca as guitarras e Ramón Figueira «Figui» toca as harmónicas. A gravación corre a cargo de Dani Blanco. Os dez temas elixidos inclúen arranxos de percusións, segundas guitarras, voces e baixos; o que configura o novo son da banda; un son que require dun formato máis numeroso para poder levar este tipo de atmósferas aos directos. De aí as incorporacións ao equipo de Diego Novoa ao baixo, Pablo Vázquez á guitarra e Lucas Martínez ás percusións.
Sabela king & The Hearbreakers defínense pola contención e a sutileza. A potente voz de Sabela encaixa coas atmósferas creadas polos Heartbreakers para ofrecer un espectáculo cheo de texturas e matices. Xuntos trazan unha viaxe sonora e estilística na que se percibe un profundo respeto ás linguaxes das músicas polpulares, sen deixar de lado as súas influencias máis modernas.