ANDRÉS DO BARRO

A edición 2020 do festival Outono Códax inclúe na súa programación unha homenaxe a Andrés do Barro cando se fan 50 anos do lanzamento do seu primeiro disco, Me llamo Andrés do Barro Lapique. Catro veces número un de vendas cantando en galego, os logros do mítico cantautor ferrolán nunca foron superados.

A súa enorme carreira musical será recordada na presentación do libro Andrés do Barro. Saudade, que contará coa presenza do seu autor, Fernando F. Rego, e da gravación inédita, su disco perdido, un cuarto LP que quedou sen publicar no seu día e que agora edita Rama Lama Music. No acto tamén estarán o director deste selo e a filla do autor de «O tren» ou «Corpiño xeitoso», Andrea Lapique.