Bart Davenport

Bart Davenport (Oakland, California) pode ser moitas cousas, dependendo da quen se pregunte. Foi mod, cantante de blues e trobador de softrock. É un cantautor ecléctico con voz de crooner. Vive e crea música en Los Ángeles. O seu traballo, sosegado á vez que chispeante, transpórtanos a un pasado ou un presente imaxinados, cheos de odas románticas e personaxes enigmáticos. As historias de Davenport son a miúdo un reflexo do agora, que ten lugar nun mundo de fantasía pero que transmite verdades persoais e universais. A súa música celebra a idealización do amor verdadeiro e ao mesmo tempo transmite a búsqueda dun mundo mellor.

Volvendo ás guitarras acústicas e aos tons pop barrocos dos 60, Davenport gravou recentemente doce novas cancións no seu estudo caseiro. O resultado, Episodes, é o seu oitavo álbum e publicouse en marzo deste 2022 a través de Tapete Records.