BIG DADDY WILSON
Naceu Big Daddy Wilson nun pequeno pobo de Carolina do Norte. “Viviamos unha vida sinxela, iamos á igrexa todos os domingos, á escola os días de semana e tamén traballaba na plantación de tabaco e nos campos de algodón. Era un verdadeiro mozo de campo”, lembra o músico. Xa entón Wilson cantaba na igrexa pero nunca pensou en subir ao escenario. “Era extremadamente tímido”, confesa.
O mozo Wilson deixou a escola aos 16 anos e uniuse ao exército dos EE. UU., que o destinou a Alemaña. Foi alí onde escoitou o blues por primeira vez. “Ata entón non sabía que era o blues”, dixo anos despois.
Aínda que ocasionalmente se traslada a Estados Unidos para grabar, Big Daddy Wilson mantén a súa residencia no norte de Alemania e dende alí proxecta a súa carreira internacional.
Durante os últimos 25 anos ten xirado por máis de 15 países diferentes undo presentando a súa música en festivais, teatros e clubs. O seu último disco, «Hard Time Blues» é, en palabras de Big Daddy, “un reflexo do tempo que estamos a vivir e de todas as ansiedades que trae a vida”. Nel o veterano músico combina o blues co soul, R&B, country e góspel. Aínda que o propio Wilson apunta que “o blues é a raíz, todo o demais é a froita”.