DYLAN LEBLANC
O músico norteamericano (Louisiana, 1990) -cualificado como «o novo Neil Young» e comparado con Townes Van Zant ou Ryan Adams– transformou o seu turbulento pasado en cancións folk onde beleza e dor camiñan da man.
Sobrepasado pola velocidade á que pasou de ser un don nadie a ser considerado “o novo Neil Young”, Dylan Leblanc abandonou o camiño fácil aos 23 anos tras dous aclamados discos para escribir música para el mesmo. LeBlanc adoita atoparse a miúdo camiñando ao bordo do precipicio, ou o que el chama «bailando sobre unha coitela». A súa vida foi a dun vagabundo desde que era un neno pequeno, crecendo entre medias de Texas, Louisiana e Alabama. O seu espírito nómade, ese que elixiu a vida de músico na estrada, lle emparenta tamén coa besta que dá título ao seu último disco: ‘Coyote’, publicado a finais de agosto.
‘Coyote’ é o primeiro disco autoproducido por LeBlanc, acompañado dunha serie de músicos de primeiro nivel; o batería Fred Eltringham (Ringo Starr, Sheryl Crow), o pianista Jim ‘Moose’ Brown (Bob Seger) e o baixista Seth Kaufman (Lana del Rey). Un disco autobiográfico e conceptual construído ao redor do carácter do Coyote e dun home á carreira. Problemas na fronteira, turbulencias amorosas, cantos de liberdade, adversidade e casualidades do destino. Un álbum do que LeBlanc afirma ser «o disco que sempre quixera facer».