GUILLE GALVÁN

O poeta e letrista de Vestusta Morla, Guille Galván, vén de sacar o seu segundo poemario, o primeiro ilustrado –pola galega Rebeca Losada– tras debutar en 2015 con Retrovisores. Cos versos de Desconocernos, o autor de letras que xa forman parte da historia do indie español e de toda unha xeración, como «Copenhague», «Los días raros» ou «23 de julio», consegue tecer un espazo poético propio e inconfundible, listo para ser habitado.

Guille Galván compartirá presentación con Rebeca Losada en A Reixa Matrioska Tenda, o venres 13 de novembro ás 19.30h. Ao remate da presentación, asinará exemplares.