IZO FITZROY

Crueza, interpretacións dinámicas, e honestidade compositiva. Estas son as cualidades da cantante de blues Izo FitzRoy, que chega ao Outono Códax para presentar o seu novo álbum «How The Mighty Fall».
Nada e criada en Londres, a música de Izo Fitzroy está influenciada polo poder das lendas femininas do blues como Janis Joplin, xunto á lírica sincera dun soulmen como Bill Withers, fusionado coas súas raíces góspel. Non en balde pasou anos cantando e dirixindo coros en xira.
As súas cancións están feitas para o directo, con letras sinceras e convincentes sobre unha base melódica que pon en escena acompañada de 7 músicos, entre os que figuran 4 coristas de acompañamento, unha formación máis achegada ao góspel que ao soul. Este arsenal proporciónalle un ramo de harmonías perfectas para a voz de Izo e o seu traballo ás teclas con certo aroma de jazz.
Izo Fitzroy fincouse durante un tempo en Nova Orleans. Alí dedicouse a compoñer e gravar o seu disco de debut, “Skyline”, un álbum repleto de góspel, cálido blues e vintage groove funky que foi publicado en febreiro de 2017 baixo a produción do peso pesado Dr. Rubberfunk.