J.C. Smith Band

JC Smith Band achega ao Outono Códax unha experiencia musical electrizante. Con música que vai desde o jumpin blues ata o old school soul, esta banda pode facer bailar a calqueera tipo de público.

É orixinario da área da baía de San Francisco, onde é considerado un intérprete que destaca pola súa enerxía e carisma. J.C. toca o blues coma se estivese sendo guiado por mestres como T-Bone Walker, AlbertKing ou Johnnie Guitar Watson.

2001 marcou o lanzamento do primeiro traballo de Smith, Midnight Creeper, que xa atraeu a atención internacional. En 2004, lanzou That’s What I’m Talk’n’Bout, coproducia pola nomeada ao Grammy Joanna Connor e coa colaboración de Willie «BigEyes» Smith, quen traballou con Muddy Waters durante vinte anos. En 2006 J.C. Smith foi o gañador do premio á Banda de Blues do Ano na Costa Oeste entregado pola Blues Society.

Pero foi o lanzamento de Defining Cool (2009), considerada a súa mellor gravación ata a data, a que afianzou a carreira de J.C. Smith. Ese ano foi nomeado aos premios Grammy na categoría de Mellor disco de Blues Contemporáneo»

Smith ten compartido escenario con artistas como Hubert Sumlin, BB King, Buddy Guy ou Buddy Miles. Recentemente tocou nun festival nunha illa privada do Caribe, onde foi felicitado logo do concerto por Mick Jagger.