Jesper Lindell Band
Con 13 anos, Jesper Lindell era un tímido mozo convertido na gran promesa do fútbol da súa cidade natal, Ludvika, un pobo de clase traballadora a un par de horas ao noroeste de Estocolmo. Pero nun lance do xogo, rompeu unha perna e viuse repentinamente confinado na súa habitación e sentado nunha cadeira de rodas. O seu irmán maior Anton tratou de animarlle cunha guitarra acústica e ensinoulle un par de acordes. Cando se recuperou, decidiu deixar o fútbol pola música e formou a súa primeira banda. A lección estaba aprendida; é posible converter a adversidade en algo bo.
Aos 17 mudouse a Örebro e a banda Almost Nature, de corte setenteiro. “Non soabamos a The Band, pero escoitábaos moito. Tamén moito soul, Van Morrison, e música americana contemporánea que acababa de descubrir. Foi un período de novas influencias, cancións e sons que forman unha parte moi importante de mu universo musical.”
En 2019, e dende o seu propio selo, publicou o seu primeiro álbum, Everyday Dreams, en 2019, que acabou sendo lanzado fóra de Suecia polo prestixioso selo Alive Natural Recordings. Cando todo parecía a favor de corrente, cun disco debaixo do brazo e unha xira de presentación en marcha, a pandemia golpea o mundo, e por se non fose suficiente, Jesper é diagnosticado cunha enfermidade conxénita de ril que necesita dun transplante urxente. Jesper volvía ser aquel rapaz encerrado no seu dormitorio prostrado nunha cadeira de rodas. Pero unha vez máis, a adversidade faille máis forte. O seu pai dóalle un ril, e Jesper comeza a compoñer un novo disco durante o illamento e a recuperación.
Twilights (2022), producido por Jesper e Björn Pettersson, móstralle como un gran cantante de «soul de ollos azuis» e rock clásico. Unha decena de cancións luminosas, vivas, reflexivas e cheas de alma a cargo dun artista chamado a escribir grandes páxinas blues e soul, un artista que por momentos lembra aos discos dos 70 de Van Morrison, que noutros rende tributo ao R&B de New Orleans ou ao son fronteirizo de Doug Sahm ou que evoca a The Band, como nos seus inicios.