JOSELE SANTIAGO & DAVID KRAHE

O compositor e guitarrista Josele Santiago, líder do grupo de rock Los Enemigos, estréase no Outono Códax Festival, acompañado polo tamén membro da mítica banda española de rock e guitarrista, David Krahe.

Será un dos pratos fortes desta edición, incluíndo unha actuación conxunta da que non desvelaremos repertorio pero que incluirá algúns dos temas favoritos dos artistas.

Josele e David chegan ao festival en plena xira do seu novo disco con Los Enemigos, Bestieza. Con este xa son dez os álbums do grupo gravados en estudio e o seu potente single «Siete mil canciones», último número 1 antes do confinamento, vai camiño de converterse nunha desas cancións que permanecen. Responsables dalgunhas das máis influíntes da nosa música popular contemporánea, agora Los Enemigos volven cun disco autoeditado a través do seu selo, Alkilo Discos, o que supón o reencontro cos seus numerosos fans.