KAMIKAZE HELMETS

Banda de rock formada por dous dos máis reputados e solicitados músicos da escena de rock, blues e funk nacional. Teñen tocado con bandas como Aurora and The Betrayers, Lisa and The Lips, Anaut, Martha Reeves and The Vandellas ou Swamp Dog, entre outras.

Despois de tantos quilómetros e noites de rock and roll decidiron facer o seu propio proxecto bebendo de influencias como Led Zeppelin, The Black Keys ou White Stripes, pero dándolle un enfoque actual e mirando ao presente e futuro no ronsel de artistas como Queens of the Stone Age ou Royal Blood. Cunha posta en escena única cun batería cantante e xunto a el o eslabón perdido entre o groove esmagador con baixos moog, sintetizados de Stevie Wonder e as guitarras punzantes de Hendrix.