Madame Bird
A representación galega desta última cita do Outono Códax, abrindo a noite xunto a Fantastic Negrito, corre a cargo de Madame Bird, que é o proxecto de Carla de Figueredo, a voz mais prominente da escena «negra» galega, quen tras dous anos de andaina virando por distintas salas facendo grandes versións de rocksteady e northern soul, agora disponse a dar o gran salto gravando Old Souls, un disco de tintes souleiros co que levanta as súas ás negras para levarnos ao mais alto coa súa música e a súa radiante voz, que nos arrastra á primeira Aretha ou á mismísima Etta James.
Os temas de Madame Bird son unha mestura moi persoal con influencias que van dende o northern soul máis tradicional ata o R&B máis agresivo, pasando polo jazz crooner dos primeiros 50 ou as baladas da Chess dos 60.
En directo, Carla de Figueredo preséntase acompañada por José Triay (guitarra), Toño Martín (baixo) e Alberto Camba (batería).