Mambas Negras

Abrirá a noite do xoves 21 o recoñecido quinteto vigués no que participan grandes músicos galegos cunha ampla traxectoria, como Óscar Avendaño (The Bo Derek’s, Siniestro Total), Andres Cunha (Siniestro Total) ou Toño López (The Soul Jacket). Xuntáronse para celebrar un repertorio formado por icónicas cancións das bandas sonoras das películas de Quentin Tarantino. Desde o baile de Uma Thurman e John Travolta ao ritmo do You Never Can Tell de Chuck Berry en Pulp Fiction, ata a tórrida escena de Salma Hayek bailando cunha serpe en Abierto hasta el amanecer, Mambas Negras lévanche nunha viaxe sonora chea de nostalxia e emoción.