Maneras de Vivir, de Fernando Navarro
Fernando Navarro presentará o seu novo libro. Será no Riquela o venres 10 de decembro. O seu título é «Maneras de vivir», unha obra que relata o percorrido que o escritor e xornalista realizou polas rúas de Madrid durante os meses máis duros da pandemia para descubrir como loitaban por sobrevivir algúns dos locais e personaxes máis xenuínos da cidade, como as salas El Sol, Galileo ou Clamores; a Cuesta de Moyano, o Museo del Prado, os cines de barrio e o Doré, o teatro Pavón e os alternativos de Arganzuela, bares como La Vía Láctea ou o Palermo, librerías familiares, tendas de vinilos, asociacións veciñais, músicos de rúa e un longo etcétera.