Nastasia Zürcher
A cantante e compositora galego-suíza ven de consagrarse como a Mellor Artista do ano, na recente edición dos premios Martín Códax da Música 2022, nos que tamén obtivo o galardón como mellor proxecto na categoría de Blues, Funk e Soul.
Nada en Xenebra, Nastasia reside en Galicia desde o ano 2000. En 2015 publicou o seu álbum debut My Flight, polo que xa obtivo o seu premio Martín Codax da Música. Dous anos despois, en 2017 veu a luz o seu segundo traballo, Beat. Neste 2022 ven de publicar o seu terceiro álbum, But Life Is Beauty Full, un compedio de temas propios que van dende groove con aires de neo-sou ao R&B contemporáneo e músicas do mundo, cunha produción elegante e mimada, sobre a que repousa a inconfundible voz de Nastasia.
Nastasia Zürcher preséntase no festival cunha banda por músicos clave da escena musical galega, o potente e elegante sexteto davocalista formado polo seu productor, arranxista e man dereita, Adrián Saavedra, ao baixo e teclados; o seu inseparable guitarrista e corista Mon Orencio (Mister Cool); a virtuosa vocalista e multiinstrumentista Carmen Rey ao piano e coros; o versátil Bruno Couceiro á batería e o polifacético Félix Rodríguez ao set de percusións.