NICK WATERHOUSE

Definido ao principio da súa carreira como un home novo que fai vello rhythm’n’blues, Nick Waterhouse converteuse nunha icona dos activistas de sons anteriores ao rock’n’roll, pero facturados, iso si, desde o presente e cunha enerxía e unha prestancia actuais. Nacido no sur californiano a finais dos 80, creceu marcado polas preferencias clásicas dos seus pais en canto a soul, blues e rock. Foi cultivando esa tendencia primeiro nos seus anos de instituto e despois cando se trasladou a San Francisco e traballou de dependente nunha tenda de discos vintage (unha historia moi na liña do libro Alta fidelidade de Nick Hornby).

Nos seus tres primeros discos Nick foi borrando fronteiras entre o clásico e o contemporáneo, engadindo toques de sucinta modernidade  ao que poderiamos chamar a versión indie de Chris Isaak. En marzo de 2019 chegou o seu cuarto traballo, de título homónimo. Que Nick Waterhouse decidise bautizar ese traballo co seu propio nome reflicte que é a obra que mostra de maneira profunda o seu firmamento emocional e cultural. En abril de 2023 veu a luz The Fooler, un álbum onde Nick confronta pantasmas do pasado de máis dunha maneira, atopando recordos persistentes de romances errados e reconfigurando influencias antigas de forma emocionante.