

citas imprescindibles coa música en compostela
soul, blues, rock&roll, rhythm&blues, swing, brass…
O festival de música negra regresa na súa 11 edición
con soul, jazz, swing, brass band ou blues de 11 artistas
e será, como non, entre o 11 de novembro e o 11 de decembro

artistas 2021

JUDIT HILL
O Outono Códax 2021 ábrese cun dos pratos fortes do festival, a presenza de Judit Hill, unha das grandes voces do soul de Estados Unidos. Foi corista habitual de Stevie Wonder, Chacka Khan ou George Benson ata que Prince tomouna da súa mandurante os dous últimos anos da súa vida converténdoa na súa corista principal […]

IZO FITZROY
Crueza, interpretacións dinámicas, e honestidade compositiva. Estas son as cualidades da cantante de blues Izo FitzRoy, que chega ao Outono Códax para presentar o seu novo álbum «How The Mighty Fall». Nada e criada en Londres, a música de Izo Fitzroy está influenciada polo poder das lendas femininas do blues como Janis Joplin, xunto á […]

AURORA NEALAND & THE ROYAL ROSES
Aurora Nealand converteuse nunha das artistas máis destacadas da escena musical de Nova Orleans, onde chegou por primeira vez en 2004. Combinando a “educación formal” (un título en composición musical do Oberlin Conservatory e unha formación no Jacques Lecoq Escola de Teatro Físico de París) coa “experiencia informal” de tocar música nas rúas e clubs […]

BIG DADDY WILSON
Naceu Big Daddy Wilson nun pequeno pobo de Carolina do Norte. “Viviamos unha vida sinxela, iamos á igrexa todos os domingos, á escola os días de semana e tamén traballaba na plantación de tabaco e nos campos de algodón. Era un verdadeiro mozo de campo”, lembra o músico. Xa entón Wilson cantaba na igrexa pero […]

THEO LAWRENCE
Nova Orleans foi fundada como colonia francesa e a súa multiculturalidad segue infestada de referencias á Luisiana francesa e ao seu legado cajún. Agora emprendamos o camiño en dirección oposta e sigamos o rastro da música dos pantanos e a cocteleira rítmica do Mississippi ata Burdeos. Alí atopamos a Theo Lawrence, un músico, cantante e […]

NOLA BRASS BAND
O combo madrileño, unha das bandas nacionais mais recoñecidas do xénero Nova Orleans, reúnese nesta ocasión para achegar ao Outono Códax 2021 a música do xenio da guitarra, Jimi Hendrix, a un novo horizonte musical. O rock psicodélico de Hendrix alcanza unha nova sonoridade, grazas aos arranxos orixinais de Josué García, que logran trasladar a […]

MARTINS ANEIROS BAND
O guitarrista Víctor Aneiros (Ferrol, 1960), cunha longa traxectoria e oito discos editados, xúntase agora coa que fose cantante da Big Bottom Band, Paula Martins, para crear Martins Aneiros Band. Xunto ao batería Marcos Sánchez e o baixista Víctor Gacio, esta emerxente formación ofrece un repertorio que conxuga temas propios do guitarrista, que agora podemos […]
THE CARLOS CHILDE BAND
Conta o guitarrista galego que comezou a tocar jazz tradicional de Nova Orleans tras visitar aquela cidade por primeira vez en 2015, convidado polo trompetista Will Smith (compoñente da Preservation Hall Jazz Band) e o percusionista Kerry Hunter (Dirty Dozen Jazz Band, The New Orleans Nightcrawlers) e namorarse do son dese estilo de música. Desde […]
NÉSTOR PARDO
Chega Néstor Pardo ao Outono Códax 2021 para presentar a, quen sabe se última, reinvención do seu proxecto persoal. Finiquitado o proxecto de PARDO, o músico retoma o seu nome completo para comezar un novo camiño influenciado pola música africana, os espirituais e o gospel. En xaneiro de 2021 publicou o primeiro single desta nova […]
TOM SANCTON
Chega Tom Sancton ao Outono Códax 2021 en calidade de convidado para participar, entre outras citas, no concerto de Aurora Nealand & The Royal Roses. Sancton intervirá tamén como convidado experto na cidade de Nova Orleáns na charla temática que terá lugar o 11 de decembro. Tom Sancton é un escritor estadounidense e clarinetista de […]
THE ALLNIGHT WORKERS [NOLA ED.]
No seu día foron definidos como un “supergrupo de rhythm and blues salvaxe aderezado con jump blues e swing”. Pero cando estaban en plena fase de expansión grazas ao seu segundo disco decidiron disolverse. Ata o de agora. Porque o Outono Códax 2021 será escenario da reunión para esta ocasión de The Allnight Workers, case […]
ACTIVIDADES PARALELAS: CHARLAS, PRESENTACIÓNS DE LIBROS, XORNADAS GASTRONÓMICAS, CATAS E PINCHADAS
Como vén sendo habitual dende os seus inicios, o Outono Códax completará a súa proposta musical con distintas actividades paralelas. Tendo en conta que Nova Orleans é o fío condutor desta edición, o festival inclúe na súa programación, o sábado 11 de decembro no Riquela Club e baixo o título «Walking to New Orleans», unha […]
Actividades paralelas
Exposición, presentación de libros, charlas, djs…
Como vén sendo habitual dende os seus inicios, o festival completará a súa proposta musical con distintas actividades paralelas. Con elas busca manter o vínculo coa cidade de Santiago de Compostela cunha oferta variada que inclúe djs, catas de viño e gastronomía.
XUNTANZAS
Presentación do libro Maneras de vivir
de Fernando Navarro
VENRES 10 DEC. | RIQUELA CLUB | 18.00h
Charla Walking to New Orleans
Con: Aurora Nealand, Carlos Childe, Jacobo Rivero, Tom Sancton…
coa presentación do libro de Jacobo Rivero
Bulbancha: música, calle y resistencias
desde Nueva Orleans
SÁBADO 11 DEC. | RIQUELA CLUB | 11.30h
XOVES EN BRANCO
Catas de viño coa maridaxe do Outono
XOVES 18 NOV. | Restaurante Benedita Elisa | 19.30h
XOVES 25 NOV. | Hotel Virxe da Cerca | 19.30h
XOVES 2 DEC. | Restaurante Flamingo | 19.30h
Acceso por sorteo previa inscrición, de personas con entrada ou abono do festival.
Máis información nas nosas redes sociais. Ata 15 prazas por espazo
XORNADAS GASTRONÓMICAS
Con NOLA ata na sopa: A cociña Cajún
do XOVES 9 ao SÁBADO 11 de Decembro en
A CARRILANA // FLAMINGO // RIQUELA CLUB
SESIÓNS PINCHADAS
DJ Selecta Naranja (OTEM SOUND – Porto)
SÁBADO 20 NOV. | RIQUELA CLUB | 23.30h
DJ Abel Vision (SCQ)
VENRES 26 NOV. | RIQUELA CLUB | 23.30h
DJ Fran Reixa (SCQ)
XOVES 2 DEC. | FLAMINGO | 20.30h
DJ Julian Maeso (MADRID)
VENRES 10 DEC. | RIQUELA CLUB | 23.30h
DJ´s Brenda & Javi Savoy (XIXÓN)
SÁBADO 11 DEC. | RIQUELA CLUB | 23.30h
Entradas
Entradas en:
www.ataquilla.com
A Reixa-Matroiska
Tel.: 981 57 51 38
Abono para os tres concertos da sala Capitol
40€ (+gastos) os 50 primeiros
48€ (+gastos) prezo xeral
Entradas soltas Sala Capitol e Auditorio:
24€ (+gastos) en venda anticipada
28€ (+gastos) en taquila.
Concertos do Riquela:
9€ para as persoas que conten co abono
14€ para o público en xeral.
A localización definitiva e horarios poden variar. En caso de limitación de aforos o acceso se realizará pola orde de compra de entrada.