POKEY LAFARGE

Ao longo da súa carreira, con nove álbums publicados, Pokey LaFarge nunca foi alguén que botase a vista atrás con rencor ou desilusión. Así que durante a pandemia aproveitou os repentinos cambios no medio duns tempos difíciles para experimentar o seu período de crecemento persoal máis importante. E cando Pokey está illado e en paz, como entón estaba, o resultado pode ser máxico.

Ese resultado é «In The Blossom of Their Shade», o álbum que ven presentar ao Outono Códax.

Un disco que se inspira en lugares xeográficos tan distantes como África, Sudamérica ou o suroeste de EE.UU. Tomando como referencia esas sonoridades, LaFarge conformou un corpo de traballo que unía unhas letras emotivas con pegadizas melodías e un irresistible groove.

A diferenza da melancolía do seu anterior traballo, este «In The Blossom of Their Shade» amósase lixeiro e despreocupado, carismático e cheo de luz. E así son tamén os seus concertos.