Shannon & The Clams
A do 21 de novembro é unha noite moi agardada pola organización do Outono Códax. Garaje rock, soul dos sesenta, doo wop e a primera psicodelia son os piares sobre os que ao longo destes últimos 15 anos sustentou o seu son a banda californiana Shannon & The Clams. Acompañantes asiduos de bandas como The Black Keys ou Greta Van Fleet,chegan a Santiago para pechar a súa xira europea, na que están a presentar o seu sétimo disco, The Moon Is In the Wrong Place, editado neste 2024, trala morte do prometido de Shannon Shaw nun accidente de coche, a poucas semanas da súa voda.
The Moon Is In the Wrong Place está producido, como anteriores traballos do grupo, polo recoñecido Dan Auerbach (The Black Keys) e preséntase como unha exploración holística de dor ao tempo que como unha celebración da vida, ao tempo que recolle algunhas das cancións máis emocionantes da súa soada discografía. “Shannon Shaw e os seus compañeiros de banda trataron de facer fronte a algo devastador, lambéndose as feridas a través da música, para ao final lograr un disco agridoce co que a súa protagonista conseguiu asumir e aceptar a perda”.