THE ALLNIGHT WORKERS [NOLA ED.]
No seu día foron definidos como un “supergrupo de rhythm and blues salvaxe aderezado con jump blues e swing”. Pero cando estaban en plena fase de expansión grazas ao seu segundo disco decidiron disolverse.
Ata o de agora. Porque o Outono Códax 2021 será escenario da reunión para esta ocasión de The Allnight Workers, case 10 anos despois da súa desaparición.
Pero rememoremos a historia. No ano 2010, Roi Fontoira (voz e guitarra), Néstor Pardo (voz e guitarra), Santi González (saxo), Jorge López (baixo) e Martín López (batería), ata entón membros de bandas emerxentes na escena musical galegoa como The Loveless Cousins, The Phantom Keys, Los Hijos Bastardos de Peter Lorre ou Trashtornados, uníronse para formar The Allnight Workers.
Con apenas uns meses de vida plantáronse nos estudos Lightning Recorders de Berlín para gravar o seu primeiro traballo «This Only Happens Once» baixo a produción de Axel Praefcke. Todos os temas foron gravados en mono e con instrumentos vintage. O resultado foi un bulebule que arrastra ao seu paso o mellor do rhythm and blues, o swing e o jump blues e que lles levou a tocar por toda Europa.
En 2012 publican o seu segundo álbum, «Do it again», tamén gravado en Lightning Recordings cunha produción 100{12b3c8b20770aa2e6a9634ca869bb8e6c43505b4e8ebb8da29c3f66185d3492c} analóxica. Poucos meses despois, cando lles estaban chegando numerosos recoñecementos en España pero sobre todo no resto de Europa, a banda decidiu disolverse. Néstor Pardo iniciou a súa carreira en solitario e Roi Fontoira puxo en marcha o seu novo proxecto The Limboos.