THE BEAT FROM PALOOKAVILLE
Este septeto sueco é unha das bandas de rhythm & blues e ska máis auténticas de Europa. O virtuoso da guitarra Anders Lewén creou este grupo único hai 17 anos conformando un crisol musical de alta octanaxe completamente propio, sempre con toda a enerxía do frontman Tommy «bigT» Moberg á cabeza.
Tras gravar discos e dar concertos con artistas como Mike Sanchez ou a icona do soul sueco Sven Zetterberg, en 2011 publicaron o seu álbum de debut, “Número Uno!”, no que intercalan composicións propias con adaptacións de cancións dos seus grupos favoritos. Dous anos despois veu a luz “Come Get Ur Lovin´”, un disco no que contan coa colaboración de músicos como Natty Bo, fundador de Ska Cubano, ou James King, membro orixinal do mítico grupo vocal The Futures.
Pero é, sen dúbida, en directo onde The Beat From Palookaville onde resultan imbatibles e onde despregan todo o seu arsenal de rhythm blues negro e xamaicano, sazonado con trazos de rock´n´roll a todo trapo, reforzado con coros exóticos e ritmo asalvaxado.