The Jive Aces
Nunha noite especial na Sala Capitol, especialmente adicada ao swing, o rat pack e o o rock ‘n’ roll, teremos aos recoñecidos e mundialmente famosos polos seus espectaculares concertos, The Jive Aces. Un septeto cheo de enerxía que se converteu na primeira banda en vivo en chegar ás roldas finais de Britain’s Got Talent.
The Jive Aces establecéronse firmemente como a banda de swing número un do Reino Unido. Teñen esgotado as entradas no Royal Albert Hall e encabezado festivais en 40 países ao longo dos seus máis de 25 anos de traxectoria. A súa actuación en Glastonbury de 2015 foi catalogada polo Daily Telegraph como unha das máis destacadas do festival.
En directo son un verdadeiro espectáculo desde a primeira nota e non afrouxan nunca. “Estes músicos saben como entreter e facer que a súa música sexa relevante, contemporánea e atemporal˝, escribiron deles.
Cos seus característicos traxes amarelos e un repertorio que se estende desde as melodías eternas da era do swing ata o brillo do rat pack cun toque de rock ‘n’ roll clásico, interpretan, co seu estilo único e alegre, cancións de grandes artistas como Louis Prima, Bobby Darin, Louis Armstrong, Sammy Davis Jr. ou Ela Fitzgerald, así como unha selección de magníficos temas orixinais.