The Sheepdogs

Chega un dos pratos fortes desta edicion do festival á Sala Capitol. Abrindo a súa xira europea e só con tres datas en España (Compostela, Madrid e Barcelona) desfrutaremos de The Sheepdogs, banda orixinaria da vibrante cidade de Saskatoon que levou o seu rock sureño e  súa psicodelia da vella escola a un nivel internacional, gañándose o corazón dos amantes da música en todo o mundo.

Formada en 2004, a banda mantivo unha traxectoria ascendente, combinando riffs potentes e melodías harmoniosas que evocan a esencia do rock clásico. A súa música descríbese mellor como un regreso nostálxico ao rock dos anos 70, cunha mestura de rock boogie e harmonías melódicas que crean unha experiencia auditiva única.

The Sheepdogs teñen tocado en festivais lendarios como Coachella, Glastonbury e Lollapalooza. Foron a primeira banda da historia sen un contrato firmado cunha discográfica que foi portada da revista Rolling Stone e foron galardoados con múltiples premios e recoñecementos, incluíndo varias certificacións de platino en Canadá.