MFC Chicken

Hai xa uns anos desde que o carismático Spencer Evoy chegou a Londres e xuntou a un grupo de frenéticos e famentos músicos nun restaurante de polo frito de Holloway Road para levar a cabo unha misión sacra, consistente en traer os sons do rock’n’roll do Pacific Northest ao público británico. Dende entón levan publicados varios elepés e sinxelos, e fixeron bailar a públicos por toda Europa.

MFC Chicken son un dos grupos cun show mais excitante do garaxe-rock’n´roll do Reino Unido, cun estilo que chegou a ser definido como «a música que os Sonics escoitaban».

O seu primeiro disco, Music for Chicken, foi toda unha sorpresa para calquera amante do R&R mais bailable. Co segundo, Solid Gravy!, consolidaron e melloraron o seu son e as súas cancións, confirmando co terceiro que non só eran un grupo cun directo impresionante, xa que tamén en disco montan boas festas. No seu cuarto album, Goin’ Chicken Crazy, no que incorporan unha guitarra barítona, teclado e outro saxo, MFC Chicken ofrecen unha nova receita sen variar o seu sabor xa coñecido. O seu último traballo data de 2020, Fast Food And Broken Hearts, e ne desátanse frenéticos, como polo sen cabeza a ritmo vetusto rock’n’roll dos anos 50, garaxe-punk, rhythm and blues e frat-rock canalla.