
citas imprescindibles en compostela
soul, blues, rock&roll, rhythm&blues, country, boogie woogie…
O festival galego de música negra celebra este 2020 unha edición intermedia cos mellores sons do xénero e coa vista posta na celebración do X aniversario, posposta a 2021.
Os concertos estarán dispoñibles en liña despois de celebrárense, o que supón a primeira versión dual do Outono Códax Festival, que se adapta desde xeito ás circunstancias da actual situación de pandemia.
Segue os concertos na rede
coa emisión de cada unha das citas
48h despois de cada concerto
[themify_button bgcolor=”pink” link=”https://tienda.martincodax.com/pages/outono-codax” color=”#e6b449″]INSCRIBIRSE[/themify_button]

artistas 2020

TITO RAMÍREZ
En novembro de 2016 Discos Antifaz lanza un single dun artista chamado Tito Ramírez, sen máis información. Pronto se estendería o rumor de que se trataba dunha gravación inédita, da década dos 60. Ninguén daba con datos do seu autor, e a lenda chegou ao seu cume cando Diego RJ, do Sótano de Radio3 pon […]

THE LIMBOOS
Con Baía, van xa tres discos en cinco anos. The Limboos continúan a súa imparable traxectoria musical e regresan a Compostela para agasallarnos cunha das actuacións máis especiais do festival. A música desta elegante banda, herdeira da mellor tradición musical dos anos 50, encontrarase neste Outono Códax nada menos que con Josele Santiago. Acompañado do […]

JOSELE SANTIAGO & DAVID KRAHE
O compositor e guitarrista Josele Santiago, líder do grupo de rock Los Enemigos, estréase no Outono Códax Festival, acompañado polo tamén membro da mítica banda española de rock e guitarrista, David Krahe. Será un dos pratos fortes desta edición, incluíndo unha actuación conxunta da que non desvelaremos repertorio pero que incluirá algúns dos temas favoritos […]

UKESTRA DO MEDIO
A orquestra de ukeleles compostelá presenta nesta edición o seu primeiro traballo longo, Outras Lérias, gravado no Laboratório Soyuz com Xurxo Pinheiro e Hevi. Con sete anos de traxectoria, desta volta presentan por primeira vez temas propios, cantados en lingua galega e con influencias que van do pop máis intimista ao surf, power-pop ou country, […]

THE SEY SISTERS
Baixo este nome atópanse un espectacular trío de voces negras. As combativas The Sey Sisters son tres irmás de ascendencia ganesa, nadas en Cataluña, que nos convidan a experimentar unha viaxe musical desde o góspel até a música africana, pasando polo soul. Os seus cantos están impregnados de emoción e xorden da loita contra as […]

SABELA KING & THE HEARTBREAKERS
Con máis de douscentos concertos por toda a xeografía galega, Sabela King and the Heartbreakers repiten no Outono Códax Festival, tras gravar o seu primeiro disco homónimo. Nel apostan por mesturar composicións propias con versións moi personais de cancións de Sam Cooke, Johnny Cash e Emily Loizeau. O disco está gravado en directo. Sabela King […]
libros, presentacións, exposicións
actividade paralela

GUILLE GALVÁN
O poeta e letrista de Vestusta Morla, Guille Galván, vén de sacar o seu segundo poemario, o primeiro ilustrado –pola galega Rebeca Losada– tras debutar en 2015 con Retrovisores. Cos versos de Desconocernos, o autor de letras que xa forman parte da historia do indie español e de toda unha xeración, como «Copenhague», «Los días […]

ANDRÉS DO BARRO
A edición 2020 do festival Outono Códax inclúe na súa programación unha homenaxe a Andrés do Barro cando se fan 50 anos do lanzamento do seu primeiro disco, Me llamo Andrés do Barro Lapique. Catro veces número un de vendas cantando en galego, os logros do mítico cantautor ferrolán nunca foron superados. A súa enorme […]
REBECA LOSADA
A exposición Carteis e outras impresións recolle o traballo da ilustradora galega afincada en Madrid, Rebeca Losada, ao longo deste último ano. Un percorrido no que ilustración e deseño gráfico converxen e nos falan desde sensacións compartidas no confinamento ata poñerlles cara a discos e cor a eses concertos que tanto botamos en falta estes […]
Actividades paralelas
Exposición, presentación de libros, charlas, djs…
Como vén sendo habitual dende os seus inicios, o festival completará a súa proposta musical con distintas actividades paralelas. Con elas busca manter o vínculo coa cidade de Santiago de Compostela cunha oferta variada que inclúe djs, catas de viño e gastronomía.
SESIÓNS DJ – BATALLAS AOS PRATOS
Manteis souleiros; ceas pinchadas no Flamingo | 21.00h
Wanda Buluba vs Manuele Caamagno SÁBADO 12 DEC.
FragaBuqui vs BigoteMix SÁBADO 19 DEC.
Vermús rockeiros no Riquela Club | 13.00h
Brenda Savoy vs Javi Savoy SÁBADO 5 DEC.
Anita Cara B vs Alfonsito Bonus Track DOMINGO 6 DEC.
Noite efémera no Fuco Lois 21.30h
Miss D´Vil vs DJ Sanma SÁBADO 12 DEC.
—
PRESENTACIÓN DA GRABACIÓN INÉDITA
ANDRÉS DO BARRO. SU DISCO PERDIDO
José Ramón Pardo director de Rama Lama Music
Fernando F. Rego periodista musical
Andrea Lapique filla de Andrés do Barro
PRESENTACIÓN DO LIBRO
ANDRÉS DO BARRO SAUDADE de Fernando F. Rego
XOVES 10 DEC. | RIQUELA CLUB | 20.00h
—
PRESENTACIÓN DO LIBRO-POEMARIO
DESCONOCERNOS de Guille Galván (Poeta, letrista de Vetusta Morla)
EXPOSICIÓN
Rebeca Losada ILUSTRACIÓN (do 13 NOV. ao 18 DEC.)
VENRES 13 NOV. | A REIXA-MATRIOSKA | 19.30h
—
VENRES EN BRANCO
CATAS DE VIÑO COMENTADAS COA MARIDAXE DO OUTONO | 20.00h
XOVES 10 DEC. | RESTAURANTE A MACETA
XOVES 17 DEC. | RESTAURANTE PIM PAN
Entradas
Información de entradas en:
A REIXA-MATRIOSKA (Horreo, 46. Santiago. Tel.: 981 57 51 38)
Josele Santiago + The Limboos: 25€
Tito Ramírez: 20€
The Sey Sisters: 18€
Sabela King e Ukestra do medio (T. Principal):
por orde de reserva en www.compostelacultura.gal (a partir do luns 7 de decembro ás 10.00h)
Eventos no Riquela, A Reixa-Matrioska, Fuco Lois: entrada libre ata completar a capacidade permitida
Catas de viño: para asistentes aos concertos. Acceso por sorteo previa inscrición. Ata 10 prazas por espazo
A localización definitiva e horarios poden variar. Concertos emitidos en streaming diferido, consulta as nosas redes sociais