REBECA LOSADA
A exposición Carteis e outras impresións recolle o traballo da ilustradora galega afincada en Madrid, Rebeca Losada, ao longo deste último ano. Un percorrido no que ilustración e deseño gráfico converxen e nos falan desde sensacións compartidas no confinamento ata poñerlles cara a discos e cor a eses concertos que tanto botamos en falta estes días. A música como fío conductor e a cor como vehículo.
Entre outros deseños realizados nestes tempos incertos, Losada encargouse de poñerlle trazo e cor a un tema dedicado ao sector sanitario que sacou Vetusta Morla xunto a outros artistas: «Los Abrazos Prohibidos». Tamén é autora da capa do último disco de Xoel López, e dos do seu grupo de versións, Combo viramundo.
A inauguración será o venres, 13 de novembro, en A Reixa Matrioska Tenda e poderá visitarse até o próximo 18 de decembro.